O grito do Ipiranga
LuÃs Manuel GarcÃa Mañá (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa SecretarÃa de Estado do Goberno da raÃna Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe polÃtica no Norte de Ãfrica. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola policÃa con motivo da desaparición de Agostinho, o fillo mulato da súa dona, acusado da morte de Cipriano Monteiro, un poderoso facendeiro do Val do ParaÃba. Os fÃos das vidas de ambos dous veciños das Terras dos Mixtos cruzaranse en Lisboa, despois de pasar por A Valeta e Barcelona, e permitirán desvelar a misteriosa desaparición do mozo e abortar o crime polÃtico preparado polo Piquete Brasileiro Antiabolicionista oposto as reformas previstas polo goberno do emperador do Pedro II, presidido por Zacarias de Góis e Vasconcelos.Tras O lume de Santo Antón e Menino morreu, as dúas primeiras novelas protagonizadas por Nemesio Castro, O grito do Ipiranga, demostra a intelixencia e minuciosidade investigadora deste predetective decimonónico para desenredar as máis complexas intrigas e crimes polÃticos. Sen dúbida, esta é a novela máis lograda e de lectura máis engaiolante dunha serie considerada como a máis orixinal da nosa narrativa policial.