Logo Xerais

Ficha libro

Un home estraño

Antonio Tizón (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book

VI Premio de Novela Curta ''Cidade Centenaria de Riveira''

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, "Un home estraño" é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. "Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "A antesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.