Tres pintores
Cid Cabido (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Premio Ãnxel Fole de Narración Curta, 2018
Foi precisamente na rúa JoaquÃn Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Asà comeza "Tres pintores", a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ãnxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironÃa, a mordacidade e o coloquialismo, "Tres pintores" relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a ParÃs a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo-caralla-intelecto-bohemio-contrariosa. Eles representan, na creación artÃstica e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crÃtica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.