Relatos para televisión
Xabier Cordal (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
Unha curtametraxe serve como desculpa para desenvolver once relatos escritor para televisión.Unha curtametraxe -acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fÃos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta.O conxunto semella inclasificable: a área de descanso da autovÃa Madrid-Vigo convertida en zona cero dunha invasión alienÃxena, un vampiro existencialista que compra compulsivamente, un neno coa capacidade de ver constelacións dentro dunha saia, dous sinistros emprendedores, unha viaxe ao fondo lendario do mesmo atlántico que mudará en épica a distopÃa. Sobre as rúas de Artabria, en realidade tamén baixo o seu formigón gris, conspiran organismos biocibernéticos -ás veces entrañables, ás veces letais- e un conto deste libro ben poderÃa ser o primeiro do noso idioma deseñado e escrito a partir dunha app, afirmou o autor nunha entrevista. Diversas idades no espazo urbano que abala de Ferrol á Coruña enmarcan, ademais, certa alegorÃa polÃtica desde a ollada xuvenil e marxinal, un sórdido matrimonio que prepara o advento do Anticristo ou ese banquete familiar de clase alta que oculta un terrible segredo.