Logo Xerais

Ficha libro

Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros

María del Pilar García Rego (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>POESÍA E-book

Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do gozo do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Un día pola mañá: crac! Pensei no verán / Bailabas entre as cebolas / cos abalorios de mamá / e a terra nas unllas dos pés. Hai que descalzarse para transitar pola propia vida... Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgoas concéntricas impresas que suxeitan a que virá. Cada chanzo, neste xogo íntimo, obriga a facer feridas, a romper cinchas, a celebrar derrotas... pero sabendo que xuño volverá falando baixiño e abalándose nos cables da luz.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.