Logo Xerais

Ficha libro

Tres bichicomas, dĂșas illas e unha serea

Rosa Aneiros (Autor/a)
Abi Castillo (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN E-book

Premio AgustĂ­n FernĂĄndez Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018

Edelmira odia dĂșas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello que a acompaña a todas as partes, pero da segunda non hai maneira de librarse. ChĂĄmanlle asĂ­ polo avĂł Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque Ă© un verdadeiro tĂșzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasarĂĄ o verĂĄn soa co avĂł en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles! Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, AndrĂ© e Daniel, cos que inicia arriscadas expediciĂłns na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterĂĄ en afoutos bichicomas.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • -
  • -
  • (1 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.