Cantos caucanos
Antón Avilés de Taramancos (Autor/a)
MartÃn Veiga (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Premio da CrÃtica, 1985 (poesÃa)
"Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadÃa durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo paÃs americano, a súa segunda patria, -"aquela patria da mocedade", nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da CrÃtica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en "Cantos cucanos" Avilés pretende recobrar as extensas xeografÃas do Val do Cauca como unha paraÃso definitivamente perdido, a través da palabra poética. Na obra, constituÃda por tres poemas extensos, organizados en dúas series ("Crónicas", a primeira, e a segunda homónima ao tÃtulo do poemario), a visión deste paraÃso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética. Para MartÃn Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lÃrico que a transcende, converten a "Cantos caucanos" "nunha obra única no ámbito da literatura galega". A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mÃtico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesÃa lÃrica e elexÃaca, aspectos valorados unanimente pola crÃtica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesÃa galega dos anos oitenta.