Despoxos e vÃsceras ilustres
MarÃa Xosé Queizán (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>ENSAIO E-book
O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios dÃas no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor, pero a súa vÃscera do amor e dos sentimentos, a máis acaÃda ao romanticismo, resÃstese á desaparición para regresar a carón da súa amada Mary e do seu fillo Florence. O cerebro de Lenin, despois de morto este, será sometido polos dirixentes da Unión Soviética (que pretendÃan demostrar a súa excepcionalidade) a un rigoroso estudo que lles permita obter datos neurolóxicos sobre a intelixencia usando Ãndices materiais, e en contra dos aspectos psicolóxicos e metafÃsicos. O corpo da socialista e marxista Rosa Luxemburgo, derramado pola auga, polo xeo e por diferentes animais do rÃo Spree, será exhumado en tres ocasións. En «Despoxos e vÃsceras ilustres», MarÃa Xosé Queizán desprázase pola existencia dos poetas románticos ingleses, pola polÃtica bolxevique en Rusia e na deriva do socialismo alemán despois da Primeira Guerra Mundial. Paralelamente, a través do mito e a percepción da realidade, do misterio e a truculencia de ilustres vÃsceras, entramos na historia de tres personaxes universais, tres vidas intensas e accidentadas, tres corpos alterados.