Granito
Ãlex Alonso (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA E-book
XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa
Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Ãlex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policÃas asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frÃo", Ãlex Alonso aposta aquà pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalÃstica. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policÃas que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Ãlex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüÃstica. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.