A Señorita Bubble
Ledicia Costas (Autor/a)
Andrés Meixide (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 10 anos en diante
8ª Edición (actualizada) - Premio Gala do Libro Galego (Infantil), 2018 - XV Premio Frei MartÃn Sarmiento 2019 (5º e 6º Primaria)
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo dÃa da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavÃo, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedÃa no interior da mansión da señorita Bubble.