Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Casa Skylab

Autor/a : Jaureguizar

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub "Sempre en Galiza", unha especie de parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. "Casa Skylab", a obra gañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar na que intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das súas aparicións anteriores en "Comendo espaguetis diante da televisión" e "As horas sucias". "Casa Skylab" de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica e sarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como "unha interpretación mordaz e paródica do galeguismo". O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamén, sinalou da obra que "partindo da súa modernidade conceptual, da súa estructura singular e polifónica, e do seu estilo rápido e tempo profundo, conecta con esa novelística galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos". Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova década.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331195

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-045-5

  • Publicación

    03/10/2003

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    192

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Libros de Jaureguizar

Un misterio para Tintimán

A Boca do Inferno

A Boca do Inferno

Milmanda

Placebo

Placebo

De 10 anos en diante

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido

Sobre a colección Narrativa