Negras
Daniel Asorey (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>POESÃA E-book
A morte é un proxecto polÃtico, asegura a cita de Lupe Gómez que abre as páxinas de «Negras». Nestes versos penetrantes escóitase como disparan ás negras detrás dos supermercados e como prenden lume á lingua que avivece a gheada. A cor escura das vÃtimas hase enfrontar á violencia que o capital exerce sobre elas, pobres, perdedoras, cheirentas, miserables. Son, todas, negras. Negras no agravio; negras na pel; negras na indefensión; negras na lingua; negras na rabia; negras desde o rÃo Ulla ata Ohio ou o Lago Erie. Se cadra, a forza da súa rebelión, como a enorme forza da poética deste poemario de Daniel Asorey, está na herdanza silenciosa da lingua escura dos grillóns.