Os ollos da ponte
Ramiro Fonte (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxÃa "Vidas de infancia", Ramiro Fonte volve reconstruÃr meticulosamente un espazo fÃsico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, "Os meus ollos" (Xerais 2003), nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoas reais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións, formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Asà mesmo, "Os ollos da ponte" constitúe un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas técnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a súa propia arquitectura e reinventándose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os lÃmites entre a ficción e a verdade da escritura literaria mediante a descrición dunha estensa galerÃa de tipos humanos, proxectando un século enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola súa riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diáfano.