Logo Xerais

Ficha libro

A lagoa das nenas mudas

Fina Casalderrey (Autor/a)
Patricia Castelao (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS E-book

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peitéanse coma ela..., son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ão, unha rapaza xordomuda. Pero Ão desaparece misteriosamente. A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración, o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ão amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralingüistica ou o coñecemento da cultura africana son algúns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.