Logo Xerais

Ficha libro

Escarlatina, a cociñeira defunta

Ledicia Costas (Autor/a)
Víctor Rivas (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante

16ª edición (actualizada) - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016 - Libro recomendado pola Fundación Cuatrogatos, 2016 - Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.