O estranxeiro
Ãlex Alonso (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
XXIX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel MarÃa Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuÃzo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción. Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crÃtica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non. A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o tÃtulo, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorÃstica, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.