Logo Xerais

Ficha libro

Raquel ten medo

Agustín Fernández Paz (Autor/a)
Marina Seoane (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>PASENIÑO

VIº Premio Lecturas GALIX ó mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado, 2006

Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina.Un libro, destinado aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, o conto combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo lector adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións.Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilustración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (1 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.