Amor de Artur
X. L. Méndez FerrÃn (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
10ª Edición
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez FerrÃn acadan un clÃmax épico que se vai esvaÃndo lenemente, nun inquedante espacio lÃrico.o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez FerrÃn devólvenos ós territorios da lei da cabalerÃa e do amor cortés.A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, MerlÃn. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxÃa narrativa polo regreso ás fontes.Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxÃa aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande MerlÃn, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revÃsteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.