Recén chegados

Ultraluz

Ultraluz

Ultraluz

Ledicia Costas

A miña amiga invisible

A miña amiga invisible

A miña amiga invisible

Eduardo Santiago

O gaiteiro e o Rato Pérez

Autor/a : Bernardino Graña
Ilustrador/a : Mª Fe Quesada

Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro. Un día ten un accidente e perde unha perna. Cúrano no hospital da cidade, e pasa a convalecencia na casa da súa irmá Helena, que casara cun libreiro. Alí, tras ter un estraño soño unha noite, fai amizade cun rato a quen chama Hi-Hi. Silvino non gusta da vida da cidade e regresa á aldea co rato. O seu gusto polos libros e polas vellas lendas tradicionais parece unha rareza entre os poucos paisanos que aínda quedan na aldea. Tan só el aprecia os saberes que garda na súa memoria o vello Bernardo o Garlucho, e por el sabe das historias dos tardos, e dos mouros, e dos habitantes do mundo subterráneo. Unha noite xeada de decembro, Silvino o gaiteiro e o seu rato están a piques de morrer, perdidos no monte. E daquela entran en contacto cos PERREPÉS, o Pobo dos Ratos Pérez...

  • Colección

    De 9 anos en diante

  • Código

    1343048

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-271-8

  • Publicación

    19/10/2005

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    128

  • Tamaño

    19.1 x 13.6 cm

Libros de Bernardino Graña

Narrativa

O neno mariñeiro

O neno mariñeiro

De 7 anos en diante

Rata linda de Compostela

Rata linda de Compostela

De 7 anos en diante

O Quirico lambón

O Quirico lambón

Sobre a colección De 9 anos en diante