Recén chegados

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Beatriz Maceda

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

María Canosa

Carmín

Autor/a : Domingo Tabuyo

Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un estraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1365062

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-857-5

  • Publicación

    25/09/2002

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    216

  • Tamaño

    21 x 13 cm

Sobre a colección FÓRA DE XOGO