Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

A boca do río

Autor/a : Alberto Lema

XLIII Premio Xerais de Novela, 2026. Un relato apaixonante, unha poderosa reflexión literaria sobre o custo humano e social do chamado «milagre franquista» e sobre a fráxil liña que separa a memoria do esquecemento.

Partilla este libro

Sinopse

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta obra narra, cunha ollada rigorosa e documentada, a proxección e construción do encoro de Belesar, un momento clave do pasado recente, cando Galicia se enfronta á promesa dunha falsa modernización que chega da man dun réxime autoritario e dunha alianza férrea entre o poder político e o económico. Cun estilo coidado, que combina a precisión histórica cunha prosa viva e sensorial, a novela de Alberto Lema retrata personaxes complexos e cheos de contradicións que visibilizan o entrecruzamento simultáneo da cobiza, a fe, o medo e a lealdade. «A boca do río» é un relato apaixonante, unha poderosa reflexión literaria sobre o custo humano e social do chamado «milagre franquista» e sobre a fráxil liña que separa a memoria do esquecemento.

  • Colección

    Narrativa--NARRATIVA

  • Código

    1331575

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-875-1

  • Publicación

    08/10/2026

  • Clasificación IBIC

    FV

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    464

  • Tamaño

    23 x 15.5 cm

  • Colección

    Narrativa--NARRATIVA

  • Código

    1378463

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-884-3

  • Publicación

    08/10/2026

  • Clasificación IBIC

    FV

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa--NARRATIVA

Os nosos libros

Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos

books