Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou... que non se deben contar. Historias de silencios, de mortes, de dor. Unha novela arrebatadora que nos conduce ao corazón da Ribeira Sacra polos camiños da boa morte.
Partilla este libro
Sinopse
Entre as paisaxes furiosas e impactantes da Ribeira Sacra non só se move a natureza. Agochadas no silencio comunal, pódense presentir historias que non se contan ou... que non se deben contar. Historias de silencios, de mortes, de dor.
Dous falecementos, un deles o do herdeiro dun poderoso imperio do viño, son declarados pola Garda Civil como simples accidentes.
Non obstante, esoutras voces profundas, tan estrañas e misteriosas como chegadas doutros tempos, son percibidas polo instinto policial do inspector Mateo Romano, quen, moi ao seu pesar, se verá atrapado no lugar ao que pertencía, alá onde se desenvolveu a súa mocidade e no que se enfrontará ao seu pasado: ao pai co que non se leva, a un amor que lle deixou feridas abertas e, sobre todo, a un feixe de lendas que retornan ao presente coa forza dun furacán.
Mentres o río garda segredos e silencios, o inspector Romano descobre que baixo as cepas e as adegas de prestixio latexa unha historia de violencia tan vella como o mesmo canón do río Sil.
Nunha novela arrebatadora, Pedro Feijoo condúcenos ao corazón da Ribeira Sacra polos camiños da boa morte.
Colección
Narrativa
Código
1331577
I.S.B.N.
978-84-1110-891-1
Publicación
29/10/2026
Clasificación IBIC
FF
Formato
Papel
Páxinas
576
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa--NARRATIVA
Código
1378466
I.S.B.N.
978-84-1110-893-5
Publicación
29/10/2026
Clasificación IBIC
FF
Formato
ePub
Autor
Pedro Feijoo
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela; «Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025) e «A boa morte» (Xerais, 2026). Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Fotografía do autor: Xurxo Lobato