Recén chegados

Ultraluz

Ultraluz

Ultraluz

Ledicia Costas

A miña amiga invisible

A miña amiga invisible

A miña amiga invisible

Eduardo Santiago

A noite branca

Autor/a : F. X. Fernández Naval

Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo. Coa axuda da súa nai, o escritor inicia un proceso de investigación e de recuperación da memoria que o leva desde A Habana da emigración galega ata a fronte do río Volchov e o cerco de Leningrado, atravesando a Europa sacudida pola II Guerra Mundial. Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galería de personaxes entre os que destacan Alfredo, o autor das cartas; a súa nai María Luísa; os membros do pelotón do que el forma parte; cidadáns rusos atrapados pola crueldade da guerra; nenos, exiliados republicanos; xudeus e soldados alemáns que son testemuñas da viaxe da División cara á fronte do leste. Coa ribeira do Miño como centro e un mundo convulso como escenario, Fernández Naval constrúe en A noite branca unha narración emocionante, intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografías da súa primeira novela O bosque das antas (Premio Xerais 1988). A noite branca é unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de Fernández Naval.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331332

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-460-3

  • Publicación

    22/11/2012

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    416

  • Tamaño

    22 x 15 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378155

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-638-6

  • Publicación

    16/01/2014

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de F. X. Fernández Naval

CRÓNICA

Níxer

Níxer

Narrativa

Para seguir bailando

Para seguir bailando

Narrativa

O bosque das antas

O bosque das antas

Sobre a colección Narrativa