O lado nobre
X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O lado nobre é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai.
X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O lado nobre é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai.
Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación. Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles. «O lado nobre» é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.
Colección
Narrativa
Código
1331566
I.S.B.N.
978-84-1110-819-5
Publicación
28/05/2026
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
168
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa--NARRATIVA
Código
1378452
I.S.B.N.
978-84-1110-825-6
Publicación
28/05/2026
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub