Recén chegados

Ultraluz

Ultraluz

Ultraluz

Ledicia Costas

A miña amiga invisible

A miña amiga invisible

A miña amiga invisible

Eduardo Santiago

Os pecados capitais

Autor/a : Francisco A. Vidal

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecio..., até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, pracicamente ás portas da morte. Francisco A. Vidal obtivo con Os pecados capitais o Premio Terra de Melide 2005. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao "próspero" negocio do narcotráfico. O xurado que outrogou o Premio Terra de Melide subliñou que o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331235

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-513-9

  • Publicación

    05/02/2007

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    232

  • Tamaño

    22 x 14.6 cm

Sobre a colección Narrativa