Finalista do XLIII Premio Xerais de Novela. Habitada por personaxes contraditorias, fráxiles e incómodas, con escenas de gran potencia visual e un coidado especial pola linguaxe, «Reixas na pel» combina a intriga cunha gran fondura emocional.
Partilla este libro
Sinopse
Ada convive coa nai enferma e coa leal Fátima. Mentres, en Gondar prepárase a homenaxe ao patriarca desaparecido, Rafael Dacal, benfeitor que trouxo prosperidade co volframio. Pero Ada coñece ben o que oculta ese apelido.
Esta é a historia dunha muller que era case unha nena cando a recluíron tras das reixas dun centro do Patronato e que atopou a verdade nunha pequena fábrica de chocolates da Coruña. Por fin, toma a palabra e escribe, para reconstruírse e rescatar as voces de tantas. Escribe porque esquecer non é unha opción, as reixas fican na pel.
Habitada por personaxes contraditorias, fráxiles e incómodas, con escenas de gran potencia visual e un coidado especial pola linguaxe, «Reixas na pel» combina a intriga cunha gran fondura emocional.
Colección
Narrativa
Código
1331580
I.S.B.N.
978-84-1110-906-2
Publicación
21/01/2027
Clasificación IBIC
FV
Formato
Papel
Páxinas
360
Tamaño
23 x 15.5 cm
Colección
Narrativa--NARRATIVA
Código
1378469
I.S.B.N.
978-84-1110-913-0
Publicación
21/01/2027
Clasificación IBIC
FV
Formato
ePub
Autor
María Rei Vilas
María Rei Vilas (A Laracha), licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario e escritora.
En relación co ensino da Bioloxía e a Xeoloxía, é coordinadora de proxectos, asesora didáctica e autora de libros de texto para o Bacharelato e a Educación Secundaria Obrigatoria.
Chegou á narrativa no ano 2020, coa súa primeira novela, «Flores de ferro», que recibiu o Premio García Barros nese ano e o Premio San Clemente en 2022.
Con posterioridade, publicou os relatos «Temporal de verán» e «Brenda e o ventrílocuo».
«Reixas na pel», finalista do XLIII Premio Xerais de Novela en 2026, é a súa segunda novela.
Fotografía da autora: Rediet de la Fuente Rey.