Recén chegados

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Alicia e a mestra de Oza

Paula Carballeira

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas

Anaír Rodríguez Rodríguez

Só os mortos saben a verdade

Autor/a : Óscar M. Guzmán

XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. Cando o detective Alfredo Torres aparece na residencia, Secundino Santalices descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.

Partilla este libro

Sinopse

A morte por atropelo de Elixio Figueiras vai alterar a rutina de Secundino Santalices, taxista xubilado de 81 anos que cada día completa co seu andador o quilómetro que separa a residencia onde vive do bar que frecuenta. Elixio, amigo inseparable da mocidade e desaparecido durante máis de cincuenta anos, chegara a Vilamarín de forma inesperada uns meses antes para avivar recordos que o vello taxista cría xa enterrados. Cando aparece Alfredo Torres, detective de seguros encargado de investigar as circunstancias do accidente, Secundino vese obrigado a reconstruír a historia compartida co amigo: unha estraña relación marcada por lealdades rotas, segredos nunca confesados e unha sombra que os acompañou durante toda a vida. Durante un quilómetro de conversa, Secundino descobre que o pasado sempre espera a súa oportunidade e que, ás veces, só os mortos saben a verdade.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331569

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-832-4

  • Publicación

    02/07/2026

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    176

  • Tamaño

    23 x 13.5 cm

  • Colección

    Narrativa--NARRATIVA

  • Código

    1378457

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-847-8

  • Publicación

    02/07/2026

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa

Os nosos libros

Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos

books