«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida.
Partilla este libro
Sinopse
«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida. Esas non duraban moito tempo. Denunciábanas porque eran tan libres que metían medo e ninguén quería que os nenos e, sobre todo, as nenas se fixesen ilusións cun futuro mellor.»
Durante os anos infames da posguerra e ditadura, as familias aprenderon a gardar segredos, tamén silencio, porque había cousas que era mellor non saber ou non lembrar ou non atreverse a dicir. Pero, chegado o momento, sempre hai alguén que propón mirar ao redor, ter curiosidade, afastar os medos. Así é como Alicia descobre que houbo mulleres que, aínda que non aparecen nos libros, loitaron contra a desigualdade desde as escolas e abriron camiño.
Alicia e a mestra de Oza é o cuarto título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
Colección
Pequena memoria
Código
1354096
I.S.B.N.
978-84-1110-750-1
Publicación
13/11/2025
Clasificación IBIC
YBC
Formato
Papel
Páxinas
40
Tamaño
26 x 21.5 cm
Colección
Pequena memoria--ÁLBUM ILUSTRADO
Código
1378438
I.S.B.N.
978-84-1110-751-8
Publicación
13/11/2025
Clasificación IBIC
YBC
Formato
ePub
Autor
Paula Carballeira
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021) ou «Trece avisos. Contos para ler pola noite» (Xerais 2022). Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; «Somos os monstros» (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, ou «Wombo Combo» (Xerais 2023). Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006) e o texto teatral «As alumnas» (2022), que a fixo merecedora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. En 2025 publica, xunto co ilustrador Iván R., o álbum «Alicia e a mestra de Oza» dentro da colección Pequena Memoria de Xerais.