Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

Cachita, o paraugas e mais eu

Autor/a : Rosa Aneiros
Ilustrador/a : Miguelanxo Prado

Un novo título da colección Pequena Memoria.

Partilla este libro

Sinopse

«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. "Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!" Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas encarnado e tendinllo: "Toma, necesitarás algo para te defenderes".» En 1918 prodúcese na bisbarra de Ferrol a coñecida como «Revolta das pedradas», un movemento liderado por mulleres que protestaban pola alza do prezo da fariña e a escaseza de provisións. Como consecuencia da Gran Guerra, os comerciantes acaparaban produtos de primeira necesidade para vendelos fóra a un custe máis elevado e, o pouco que distribuían, tiña prezos prohibitivos. Fartas das restricións e da inacción das autoridades, as mulleres (labregas, panadeiras, obreiras...) e os traballadores do arsenal organizaron comisións e convocaron folgas, manifestacións e asaltos a comercios para requisaren alimentos de primeira necesidade. Nese contexto convulso nace a amizade inquebrantable entre as nenas Lucía e Cachita. «Cachita, o paraugas e mais eu» é o quinto título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.

  • Colección

    Pequena memoria

  • Código

    1354092

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-412-8

  • Publicación

    15/10/2026

  • Clasificación IBIC

    Y

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    40

  • Tamaño

    26.6 x 19.5 cm

  • Colección

    Pequena memoria

  • Código

    1378392

  • I.S.B.N.

    978-84-1110-448-7

  • Publicación

    15/10/2026

  • Clasificación IBIC

    Y

  • Formato

    ePub

Libros de Rosa Aneiros

De 9 anos en diante

Faísca, a nena neandertal

Faísca, a nena neandertal

Narrativa

A noite das cebolas

A noite das cebolas

De 9 anos en diante

Catro plumas de dinosauro

Catro plumas de dinosauro

Sobre a colección Pequena memoria

Os nosos libros

Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos

books