Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non poden ser entendidos sen o coñecemento da labor de persoas e colectivos, que loitaron por introducir e difundir no noso país os novos progresos técnicos que viñan do resto de España e Europa, sacando a Galicia da crise agraria de fins do século XX.
Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non poden ser entendidos sen o coñecemento da labor de persoas e colectivos, que loitaron por introducir e difundir no noso país os novos progresos técnicos que viñan do resto de España e Europa, sacando a Galicia da crise agraria de fins do século XX.
Neste libro faise un percorrido sobre as transformacións que durante este período se levaron a cabo na Gandaría e Veterinaria galega, de mans do que foi un dos seus principais promotores, Juan Rof Codina (1874-1967). Co seu labor pedagóxico soubo canalizar as inquedanzas de renovación que agromaban no ámbito agropecuario, e reivindicar o papel protagonista que a profesión veterinaria demandaba para a súa dignificación.
Nesta obra pioneira nos traballos históricos sobre a Veterinaria galega faise un estudo crítico e multidisciplinar da figura do que ata agora estaba considerado como o factótum dos progresos técnicos e da mellora da gandaría galega. Unha obra, pois, onde se recolle e se pon en valor, non só a obra hemerográfica de Rof Codina, senón que tamén se recupera unha parte importante da memoria gráfica para a historia agropecuaria galega, a través das achegas do seu fondo fotográfico.
Colección
Xerais Universitaria
Código
1327141
I.S.B.N.
978-84-9914-342-2
Publicación
07/05/2015
Clasificación IBIC
BGT
Formato
Papel
Páxinas
320
Tamaño
24 x 17.5 cm
Autor/a
Diego Conde Gómez
DIEGO CONDE GÓMEZ (Ourense, 1977) é doutor en Veterinaria e membro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), así como da Asociación Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). No ano 2013, foi o gañador do IX Premio de Ensaio "Manuel Murguía" da Deputación da Coruña coa obra Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia. Ten publicado, ademais de numerosos artigos e comunicacións en torno á Historia da Gandaría e a Veterinaria en revistas e congresos, traballos en obras colectivas como 25 anos da Facultade de Veterinaria (2009,USC), Os animais domésticos na historia de Galicia (2008, TresCtres) ou A Gandería, tesouro de Galicia (2006, Museo do Pobo Galego). Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea (Xerais 2015) é o seu primeiro libro.