A escritora Ledicia Costas gañou o Premio Zenda Infantil e Xuvenil 2023-2024 polo seu libro Sete dentes de león, ilustrado por David Sierra e publicado por Xerais (en castelán, Siete dientes de león, Nórdica). O xurado xustificou esta elección "pola imaxinación, talento e alegría que desprende cada páxina deste libro, destinado a lectorado de cinco anos". Dedicado a descubrir a orixe das cores "pero sen moralizantes nin clichés, sen mensaxes ocultas politicamente correctas, é puro entretemento que fai máis pola lectura que calquera plan ministerial".
O xurado dos Premios Zenda estivo composto por profesionais do sector do libro Guillermo Altares, Nuria Azancot, Laura Barrachina, Pepa Blanes, Jesús García Calero, Antonio Lucas, Alberto Olmos, Cristina Rivera Garza, Sergio Vila-Sanjuán e Santos Sanz Villanueva , ademais de Leandro Pérez e Álvaro Colomer (secretario do xurado), ambos en representación da revista Zenda.
share