- O equipo de Xerais quere manifestar a súa tristeza polo falecemento en Vilalba de Antonia Fernández Paz aos 83 anos de idade. Sumámonos á dor da súa familia. Tita, como era coñecida entre a súa familia e amigos, foi unha mestra vocacional e persoa intimamente ligada ao seu irmán Agustín, que sempre participaba activamente na celebración do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, que concede o Instituto de Estudos Chairegos coa colaboración do Concello de Vilalba.
Como informa El Progreso, Tita transmitíalle ao seu alumnado o valor da poesía. Logo de pasar por varios centros, xubilouse no CEIP Mato Vizoso de Vilalba.
Neste vídeo, dado a coñecer en Brétemas e publicado en Youtube, pode verse unha entrevista que lle fai a Tita a súa neta Aldara, falando das orixes do seu irmán Agustín como escritor.
05.09.2024
share