Logo Xerais

Merlín de Literatura Infantil

1986, o nacemento, fomentar a creación literaria para público infantil

En 1986 creouse o Premio Merlín de Literatura Infantil coa intención de fomentar a creación literaria destinada especificamente ao público infantil.

Entre as vinte e cinco obras presentadas a aquela primeira edición resultou gañadora a presentada pola escritora Úrsula Heinze baixo o título A casa abandonada.

Dotación e bases

O Premio Merlín de literatura infantil ao longo da súa historia foi aumentando a súa dotación económica, dende a inicial (250.000 pesetas) até a actual (10.000 euros).

O xurado está composto por cinco membros, escolleitos pola editorial entre lectores e lectoras, que deberán outorgar o premio por maioría de votos. Se así o estiman, poderán declarar o premio deserto.

As bases establecen que poderán concorrer ao certame todos aqueles autores /as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente e sen limitación ningunha de extensión nin de xénero. En todo caso, os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade nin por partes, por ningún tipo de procedemento.

Todos os Merlíns