Número de libros encontrados: 73
Heartstopper 4
O Charlie nunca pensou que el tamén lle puidese gustar ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Charlie comeza a sentirse preparado para dicirlle esa palabra: quérote...
Curriño. Fama ou fuga
Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso...
Dona Problemas, rescatadora de mascotas
Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas...
Heartstopper 3
O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai...
O enigma de Sempreviva
Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna...
Escola de bruxas
Mencía comeza un novo curso na escola para perfeccionar as súas técnicas de maxia e meigallos rodeada doutros nenos bruxos e nenas bruxas. Nunca antes vira tantos compañeiros xuntos...
Heartstopper 2
O Nick e o Charlie son mellores amigos. O Nick sabe que o Charlie é gay, e o Charlie está seguro de que o Nick non o é. Mais o amor funciona de xeitos sorprendentes, e o Nick está a descubrir todo tipo de cousas sobre as súas amizades, a súa familia...
Curriño. Benvido ao equipo
Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo...
Curriño. O can influencer
Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes...
Dona Problemas. Salvadora da escola
Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes...
O tren fantasma
A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans...
Varetai. Protectora de espíritos
Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben...
Formigas. Misión Entroido
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados...
Caramomia
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio...