Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses.
Partilla este libro
Sinopse
Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da literatura popular, outórganlle os azos suficientes para acometer un proxecto no que debe concentrar toda a súa potencia creativa, mais axiña comezan a xurdir as dificultades. Construída a través de múltiples elipses e saltos no tempo, A noite enriba preséntase como unha novela ateigada de homenaxes literarias que reflexiona sobre a propia actividade do escritor. Transita tamén, da man de policías corruptos ou traficantes de droga, por un orixinal itinerario narrativo que levará das rúas de Ourense á Filadelfia natal de David Goodis, cidade na que o atormentado protagonista desta historia tentará rematar a súa obra definitiva.
Afondando no seu estilo depurado de tramas cruzadas e economía narrativa, Ameixeiras homenaxea en A noite enriba os autores clásicos do xénero das décadas de 1930 e 1940. Unha excepcional novela negra na que se reflexiona sobre os límites do xénero e da súa modernización radical.
Colección
Narrativa
Código
1331382
I.S.B.N.
978-84-9914-936-3
Publicación
12/11/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378208
I.S.B.N.
978-84-9914-948-6
Publicación
12/11/2015
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor
Diego Ameixeiras
Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en «La Voz de Galicia» e «O Salto». Publicou en Xerais todas as súas novelas: «Baixo mínimos» (2004); «O cidadán do mes» (2006); «Tres segundos de memoria», Premio Xerais de Novela (2006); «Dime algo sucio» (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; «Asasinato no Consello Nacional» (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; «Historias de Oregón» (2011), Premio de Novela por Entregas de «La Voz de Galicia»; «Todo OK» (2012); «Matarte lentamente» (2013); «Conduce rápido» (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; «A noite enriba» (2015), «A crueldade de abril» (2018); «O cervo e a sombra» (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett; e «Un anarquista» (2024). «Os Suicidantes» (2023) é a súa primeira novela gráfica como guionista. Fotografía do autor: Sara Antelo.