Logo Xerais

Info autor/a

Zúñiga, Iolanda

(enviar correo)

Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975). Naceu propulsada pola forza centrífuga do baby boom dos setenta. Aleitouse do cheiro a peixe fervendo en hercúleas olas a presión. Medrou na amable periferia rural dunha ruda cidade industrial, nun tempo no que as fábricas conserveiras desaparecían, o artesanado nos produtos do mar minguaba e para eses espazos proxectábanse apartamentos de luxo. Xogou ao funambulismo sobre os raís dun tranvía extinto e a capturar soños cun ganapán furado. Desenvolveu media ducia de oficios. Ultimamente escribe. Publicou o libro de relatos Vidas post-it (Xerais, 2007) e o poemario Amor amén (Xerais, 2008). Con Periferia obtivo o Premio Xerais de Novela 2010.

As súas obras como autor/a