Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 22

La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións

Rosalía de Castro

Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea...

Antoloxía poética de Antón Tovar

Antón Tovar

Esta "Antoloxía poética" de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos, permite que nos adentremos na obra poética dun autor que, en palabras de Delfín Caseiro, responsable da biografía introdutoria, foi "un home desacougado, que semellaba vivir nun pesadelo eterno, intemporal, na procura infatigábel da luz, da calma, da verdade, da felicidade"...

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Xosé Ramón Pena

As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social...

A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo

Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada...

Birimbao

Celso Emilio Ferreiro

A aparición de "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou...

Antón e os inocentes

X. L. Méndez Ferrín

Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes»...

En las orillas del Sar

Rosalía de Castro

Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur»...

Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias

Xela Arias

O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira...

Autor/a da semana

Nunca paraíso

Manuel Lourenzo

Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas...

Follas novas

Rosalía de Castro

Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880)...

Cantares gallegos

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas...

Poesía completa

Valentín Paz Andrade

Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios...

Sonetos de Shakespeare

Ramón Gutiérrez Izquierdo

Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todos os tempos. As circunstancias que rodearon a súa publicación e a ambigüidade no relativo á identidade e ao sexo dos destinatarios teñen servido de escusa a múltiples conxecturas que, se ben non contribúen á comprensión dos sonetos, proban non obstante o continuo interese que desperta esta obra...

Modesta proposición e outros ensaios

Lois Pereiro

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el...

Os Eidos. O libro do Courel

Uxío Novoneyra

Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega...

Poesía galega completa Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas

Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, tanto a publicada en 1959 nun único volume polo Centro Galego de Bos Aires como a editada por Xesús Alonso Montero entre 1979-1981...