Número de libros encontrados: 51
Elisa e Marcela
Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano...
Arquitecturas debuxadas.Compostela
Un fermoso e didáctico percorrido pola historia, as rúas e as arquitecturas máis notables de Compostela debuxadas polo arquitecto Santiago Catalán...
O puño e a letra
Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético»...
Maternidade fóra de catálogo
"Maternidade fóra de catálogo" é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal...
Camiñar o Vigo vello
De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos...
Falemos de caricatura
Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como "A caricatura como arte", publicado na revista "Grial" xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico "Como debuxar caricaturas" (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros "Castelao humorista" (1996) e "Castelao en el arte europeo" (2016)...
Martín Codax e os xograres do mar de Vigo
A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares -velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón...
Humildar
Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras...
Autobiografía dun labrego
A "Autobiografía dun labrego" é a narración da vida dun campesiño real feita por el mesmo. Cóntanos como vivencia a súa propia cultura e, ao mesmo tempo, descóbrenos os costumes galegos sobre o noivado, o sexo, o casamento, a morte, as aparicións, as enfermidades etc...
Os aforismos do riso futurista
Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade...
Arquitecturas debuxadas. Lugo
O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla...
O país da brétema
Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental...
O libro dos cócteles
A cultura do cóctel susténtase en catro piares fundamentais: primeiro, o labor dos bares que basean nos cócteles o seu modus vivendi; segundo, o labor que se fai na hostalaría non especializada; terceiro, a valoración e a importancia que as marcas de destilados, mixers, etc...
De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal
Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade...