Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Historia da Literatura Galega II

Autor/a : Xosé Ramón Pena

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación d'A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327139

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-764-2

  • Publicación

    31/10/2014

  • Clasificación IBIC

    DSBF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    440

  • Tamaño

    24 x 17 cm

Libros de Xosé Ramón Pena

Xerais Clásicos

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Narrativa

Todas as vidas

Todas as vidas

Xerais Universitaria

Historia da Literatura Galega IV

Historia da Literatura Galega IV

Sobre a colección Xerais Universitaria