Autor/a
Alba Guzmán Falcón
Alba Guzmán Falcón (Ourense, 2003) cursa estudos de Enxeñería Mecánica Industrial na Universidade de Vigo. Leva conseguido máis dunha vintena de galardóns en diversos certames literarios de narrativa e poesía, entre os que destacan o de microrrelatos da RAG, os Premios Minerva ou o do Concello de Ames. Con «Xoaniña de Deus» gañou o II Premio Xuventude Crea de Novela Curta.