Número de libros encontrados: 54
Marcopola 5. Terra a dentro
Marcopola acaba de estrear pernechas e xa está preparada para recuperar o remo roubado. Acompañada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixará a Costa das Patacas e irá cara ao interior a través de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el...
Lela, a superavoa
Lela non é unha avoa calquera. Cos superpoderes da retranca, da astucia e da experiencia, pode resolver calquera obstáculo ou situación da vida. A súa familia sabe que non hai medo que a deteña, aínda que ás veces acabe metida nalgunha enleada das súas! Un divertido cómic con breves historias autoconclusivas que, a través do humor, lles rende unha homenaxea ás avoas...
Astérix en Lusitania
Un antigo escravo lusitano, xa coñecido, acode á aldea gala na procura dos poderosos efectos da poción máxica. Para Astérix e Obélix comeza unha nova viaxe e unha nova aventura!
Noa e a cidade sen maxia
Noa é unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas...
Carrilanas bestiais
Vacacións de verán na aldea e unha carreira de carrilanas. Ten boa pinta. Pero cando hai dous grupos de mozos e mozas enfrontados, e aparecen sospeitas de sabotaxe, das risas pasamos aos berros...
Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas
Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo...
Idol!
Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música...
Chove!
Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova...
Os vagalumes de Marí
Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase...
Os Suicidantes
Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans...
Astérix. O Lirio Branco
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor...
Nerea. A invasión dos trastos
Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?...
Astérix O galo
O primeiro álbum da serie de cómics máis popular do mundo. Con este título nace Astérix, o mítico heroe galo creado polos famosos Goscinny e Uderzo...
O caderno de rama
Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes máxicos: todo o que debuxa vólvese realidade...