Número de libros encontrados: 99
Un gorro ruso
O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse...
Galicia
Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión...
Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego
En «Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego» Luís Gonçales Blasco «Foz» propón unha achega ao comportamento político do poeta de Celanova: desde a súa vinculación co movemento nacionalista das Mocedades Galeguistas, até que foi expulsado da UPG e despois militou no PSG para, nos últimos anos de vida ingresar, de forma testemuñal, no PSOE...
Vigo, abella da ribeira
«Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foi conformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica e bimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar...
Conversas con Paco del Riego
O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo...
Lingua, poder e adolescencia
O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive...
Os anos do silencio
Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo...
A xustiza pola man
«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade...
Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo
Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea...
Zona a Defender
«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender...
Súbditos ou cidadáns?
Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro...
A semente, a árbore, a froita
É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado...
Vigo, puro milagre
Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea...
A morte de Galicia
A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia...
O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936
Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República...