Número de libros encontrados: 74
A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega
Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia...
Cachita, o paraugas e mais eu
«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan...
Universo diverso. Unha viaxe pola galaxia LGBTIQA+
Eva Mejuto e Nee Barros guíannos nunha viaxe polas realidades LGTBIQ+ chea de cor, ironía e gana de revolucionar o día a día. Para iso, contan cos luminosos debuxos de Julia Lago e a axuda dun ser que vén doutro planeta e que non entende nada...
Rosalíate
Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal...
O mapa da túa sexualidade
Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras? Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo...
Os fíos de Begoña
A vida de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, foi un fío extraordinario que se pode seguir nas páxinas desta biografía ilustrada...
Alicia e a mestra de Oza
«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida...
Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas
Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles? Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes...
A pequena osa quere xogar
A pequena osa quere xogar ao balón, igual ca os xabarís, pero na fraga non paran de dicirlle que iso non é para ela.
Biscoito de castañas
Unha tarde de outono; unhas castañas desaparecidas e a lenda da Cova da Pena Grande. Pai e filla gozan xuntos dunha tarde de aventuras para descubrir o misterio das castañas grazas á bisa...
Maios e desmaios
Na vila onde todas as nenas e nenos teñen nome de flor pasan o ano enteiro esperando a primavera, e danlle a benvida celebrando a festa dos Maios. Grazas a un programa de televisión, coñecen a Toxina, unha nena alérxica ao pole que vive nunha fraga onde festexa os Maios dun xeito un tanto particular...
Sei cantar e sei bailar
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar...
O triángulo vermello
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres...