Autor/a
Ana Carreira
Ana Carreira nace en Lugo en 1968. Graduada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, é dramaturga, narradora oral e actriz. Traballou como dramaturga para compañías como Vía 6, Limiar, Il Maquinario, Galeatro, Ítaca, Centro Dramático Galego e Ubú teatro. Como narradora oral percorre bibliotecas, centros escolares, e calquera lugar onde se acollan contos. Xoga como actriz en Pínconus e Ubú Teatro.
Acadou o IV Premio Varela Buxán de dramaturxia pola peza «Un intre antes do solpor» e o XII premio Manuel María de literatura infantil pola peza «Nin me amoles» (Xerais, 2023).