Autor/a
Ana Varela
Ana Varela Miño (Narón, 1978) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e na actualidade traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no TSXG. Traduciu ao galego textos de Edgar Allan Poe e contos de Virginia Woolf. Tamén verteu ao castelán poemas de Antía Otero. En 2017 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón con "Asombrario", o seu primeiro libro, e en 2019 obtivo o VI Premio Gonzalo López Abente con "Onde nacen as hedras".