Autor/a
Antía Otero
Antía Otero (A Estrada, 1982) tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita. Como poeta gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario "De porta un Horizonte" (2003) e publicou "O Son da Xordeira" (2003), "(Retro)visor" (Xerais, 2010) e "O cuarto das abellas" (Xerais, 2016). A súa obra pode lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas. Dende 2014 codirixe a editorial Apiario. (Foto de Tamara de la Fuente)