Autor/a
Antonio Yáñez Casal
Antonio Yáñez Casal (Ferrol, 1959) foi finalista por dúas veces do Premio Merlín, no ano 2005 con Natasha e Dimitri (Xerais, 2006) e no ano 2009 con Xoa (Xerais, 2010), Premio Frei Martín Sarmiento, (categoría 3º - 4º Primaria), 2012. Gañou en 2006 o Premio Raíña Lupa con Viaxe a Libunca (2007), certame do que foi finalista na edición do ano 2000 con Don Cosme e o telegrama amarelo (2004), e na do 2004 con Crisóstomo o alifáfaro (2006). Ese mesmo ano conseguiu tamén o Premio Meiga Moira con Lóbez (2006). En 2007 gañou o Premio Abrente con Octavius Augustus (2009). En 2012 publicou Vento galerno (Xerais), finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, e A complicada vida de Bieito Viqueira.