Autor/a
Ánxel Vázquez de la Cruz
ÁNXEL VÁZQUEZ DE LA CRUZ naceu en Tui en 1942. Estudou medicina en Santiago e tivo o seu primeiro traballo como médico de garda no antigo Hospital Municipal de Vigo. Fixo a residencia para a especialidade de médico de nenos no Hospital Infantil do Vall d'Hebrón de Barcelona, no que traballou posteriormente como neonatólogo. A finais de 1974 incorporouse ao Hospital da Seguridade Social da Coruña, onde, como director, participaría na fundación e posta en marcha do Hospital Materno-infantil Teresa Herrera, onde actualmente permanece como xefe de servizo de Neonatoloxía. Da época de estudante datan as súas primeiras colaboracións en La Noche, ás que seguirían relatos e artigos en diversos medios: xornais e revistas literarias como Bravú e Luzes. Ademais escribiu o guión da película -premio Ramón Dagá de Cine Social, 1975- A Romería da Morte. Luz de Tebra (Xerais 2010) é o seu primeiro libro de relatos.