Traductor/a
Ánxela Gracián
Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d' A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).