Autor/a
Arancha Nogueira
Arancha Nogueira (Ourense, 1989) publicou o libro de poemas Andar descalza (2014), Premio de Poesía Francisco Añón; o único lugar onde ficar inmóbil (2018); spleen en catro tempos (2018) e a comparsa (2019), alén de gañar diversos premios de poesía, como o Johán Carballeira, por dente de leite (Xerais, 2019). É xornalista e investigadora predoutoral, e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega.